O MAB como alternativa para o reforzamento e o crecemento das empresas

Economía e Industria salienta o potencial do MAB como alternativa para o reforzamento e o crecemento das empresas.

  • O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou na apertura da xornada técnica organizada pola Asociación de empresas do Mercado Alternativo Bolsista
  • Salienta que Galicia foi pioneira na activación de axudas para que as pemes puidesen avaliar as súas posibilidades de acceder ao MAB como instrumento de reforzamento e financiamento
  • Destaca a importancia que este mercado alternativo bolsista está a ter para empresas galegas como Altia, a primeira empresa cotizada no MAB que repartiu dividendos e que está entre as que máis están a medrar no último ano

accions-BankiaO director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou onte a importancia de instrumentos como o Mercado Alternativo Bolsista (MAB) para que as empresas que desexan medrar ou reforzar a súa posición no mercado poidan facelo. O director do Igape participou na apertura da xornada técnica Algo está cambiando no MAB, organizada pola Asociación de Empresas do Mercado Alternativo Bolsista (AEMAB), onde salientou que a Xunta foi pioneira na activación de axudas para que as Pemes puidesen avaliar as súas posibilidades de acceder ao MAB como instrumento de reforzamento e financiamento, precisamente nun momento en que as dificultades de financiamento eran maiores, especialmente para as empresas de menor dimensión.

Javier Aguilera salientou a importancia que este mercado alternativo bolsista está a ter para empresas galegas que cotizan, como Altia Consultores. Logo de ser a primeira empresa cotizada que repartiu dividendos, a empresa galega está entre as dúas que máis están a medrar durante o último ano.

O director xeral do Igape lembrou que a Consellería de Economía e Industria mantén, a través de Xesgalicia, un amplo abano de fondos de capital risco para reforzar a estrutura financeira das Pemes, ao tempo que impulsa, a través do Igape, programas de préstamos directos para facilitar o financiamento de novos investimentos.

A xornada desenvolvida na CEG incluíu diversas mesas redondas sobre o MAB como alternativa de financiamento real para as pemes e a experiencia real de empresas cotizadas como Bionaturis, Catenon, Grupo Eurona e Altia Consultores.

O director do Igape destacou que a cotización no MAB pode contribuír moi positivamente á profesionalización da estrutura directiva das compañías, asociada a un incremento da produtividade tanto do traballo como do capital. Commcenter e Euroespes son outras empresas galegas tamén cotizadas no MAB.

También te podría gustar...