Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13O Diario Oficial de Galicia publicou o venres a resolución das axudas para a execución de proxectos e microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e as axudas para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a consolidación das ONGs galegas.

A convocatoria das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva para proxectos e microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior, conta cun orzamento de 3,5 millóns de euros destinados para 18 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior polas organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de 2,8 millóns de euros; 4 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior polos outros axen¬tes de cooperación (universidades, sindicatos, empresas ou organizacións empresariais e comunidades galegas no exterior) por un importe de 650.175 euros; e 1 microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior polas organiza¬cións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), cun orzamento de 23.667 euros.

Proxectos de Educación para o desenvolvemento
O DOG tamén publica a resolución da convocatoria de subvencións para proxectos de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de ONGD galegas, pola que se destinan 429.126 euros para o financiamento de 15 proxectos; 10 proxectos de educación para o desenvolvemento por un importe total 321.651 euros; e 5 proxectos para a consolidación e o fortalecemento de ONGD por un importe de 107.475 euros

O obxectivo das subvencións é, por unha parte, o financiamento de actuacións de educación para o desenvolvemento, e por outra, mellorar a capacidade de planificación, xestión e avaliación nas áreas internas e da xestión da base social da organización en Galicia.

III Plan Director Cooperación Galega 2014-2017
Estas convocatorias enmárcanse no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017, así como no proxecto de Plan Anual da Cooperación Galega 2015. Na procura de dar cumprimento á estratexia prevista no III Plan Director, as convocatorias baséanse na aposta por unha maior eficacia e calidade da política galega de cooperación, por unha cooperación máis selectiva, de maior impacto e presenza, concentrada xeográfica e sectorialmente, o que redundará nunha maior visibilidade da Cooperación Galega.

E por unha maior orientación estratéxica coa posta en valor das vantaxes diferenciais de Galicia, coma son a cooperación en sectores nos que Galicia pode ofrecer unha experiencia e coñecementos específicos como a pesca, cooperación en países de fala lusófona ou naqueles latinoamericanos onde hai cultura de cooperación dos nosos axentes.