TESGON Desbroces

Román Rodríguez e o presidente da CEG afondan nas posibles vías de colaboración para o fomento da cultura emprendedora entre os estudantes

 

image_gallery

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño. Durante a xuntanza, na que tamén participou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; afondouse nas posibilidades de colaboración entre ambas as entidades para o fomento da cultura emprendedora entre o alumnado de Formación Profesional e Universidade.