O Concello de A Rúa aproba a súa organización interna e denuncia o convenio con ADIF para o paso soterrado

pleno-300x225O Concello da Rúa celebrou un pleno extraordinario para aprobar a organización municipal no recén iniciado mandato. Na sesión aprobáronse por unanimidade dos grupos todos os pontos da orde do día relativos á organización interna do Concello. Así, a distribución de áreas e concellarías fica do modo que segue:

– Maria González Albert. Alcaldesa e responsábel de medio ambiente, desenvolvemento rural e patrimonio
– Luis Fernández Gudiña: 1º tentente de alcalde. Concelleiro delegado de Urbanismo, Infraestruturas e Servizos.
– Germán Alejandre Salgado. 2º tentente de alcalde. Concelleiro delegado de persoal, emprego e réxime interior
– Avelino Fernández Seco. Concelleiro delegado de Cultura, lingua, ensino e deportes
– Carlos Aristegui Diéguez. Concelleiro delegado de Facenda contas e desenvolvemento económico.
– Ana Fernández Vizcaya. Concelleira delegada de Sanidade, benestar social, participación veciñal e mocidade.

Cada unha destas áreas delegadas terá a sua correspondente Comisión Informativa. Os grupos políticos do Concello teñen agora unha semana para nomear aos seus representantes en cada unha delas. O tamaño destas comisións será menor ao actual polo interese do grupo de goberno en xenerar un aforro ademáis de polo feito de que existe na corporación un grupo político menos que no anterior periodo de sesións.

Ademais estabeleceuse a periodicidade dos plenos ordinarios, que se reunirán o primeiro luns de cada mes impar. Asi mesmo a Xunta de Goberno local verá reducido o seu tamaño pasando a ter só 3 representantes: a alcaldesa e os dous tenentes de alcalde. Ao tempo, a dieta (indemnización) por asistencia a esta xunta verase reducida a algo menos da metade da que se viña percibindo na actualidade. Será así agora de 36€ (igual que as comisións informativas) frente aos 85€ que se viñan percibindo e que continúan a ser a retribución por asisencia a pleno. Todas estas indemnizacións por asistencia son percibidas unicamente pol@s concellais que non teñen adicación exclusiva.

No que ten a ver coas adicacións exclusivas estas tamén se reducen, pasando das dúas actuais a unha única adicación (a da alcaldía). O salario manterase exactamente igual que o que se viña percibindo até o de agora estando fixado nuns 30.000€ brutos ao ano (un 25% por baixo do límite marcado pola lei para as corporacións municipais de menos de 5000 habitantes).

O único ponto da orde do día no que non houbo acordo fo no referido á denuncia do convenio con ADIF para a construción dun paso soterrado baixo a vía do tren á altura da praza Galicia. Entende o Partido Popular que é unha obra ineludíbel mentres que o grupo de goberno referiuse á súa escasa utilidade e ao seu elevado custo sen partida orzamentaria que o avale para aprobar a súa postura. Na votación aprobouse por 6 votos a 5 a denuncia deste convenio con ADIF.