O Centro Superior de Hostalería de Galicia pon en marcha un programa de integración social en colaboración coa Cruz Vermella

Programa de integración social CSHG

 

Turismo de Galicia, a través do Centro Superior de Hostalería de Galicia, pon en marcha dende hoxe un programa de integración social en colaboración coa Cruz Vermella.

A iniciativa é froito da colaboración que ven desenvolvendo desde o ano 2013 Turismo de Galicia coa Cruz Vermella Santiago para a posta en marcha de proxectos de interese para ambas institucións.

A formación, que durará ata o día 27 de febreiro, está dirixida a persoas inmigrantes, con permiso de traballo e residencia en vigor e a persoas de nacionalidade española con baixa cualificación.

O obxectivo deste proxecto é mellorar a empleabilidade e as competencias profesionais e persoais das persoas participantes co fin de conseguir maiores oportunidades laborais e a súa inserción sociolaboral.

A formación está subvencionada polo Fondo Social Europeo a través do Plan de Emprego de Cruz Vermella Santiago.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia colabora cedendo espazos e aulas especificas destinadas á formación cualificada de persoal en hostalería. Deste xeito, grazas a Turismo de Galicia o programa pon ao alcance deste colectivo recursos específicos que doutro xeito serían inaccesibles para eles.

Finalizada a parte teórica, o alumnado realizará un período de prácticas non laborais en diferentes empresas co fin de dar a coñecer aos participantes o mundo laboral, xerar oportunidades, así como, permitir o seu achegamento á realidade do sector.

También te podría gustar...