O BNG solicita ao Goberno Central o traspaso de competencias de salvamento marítimo a Galicia

barco de salvamento O BNG solicita ao Goberno Central o traspaso de competencias de salvamento marítimo a Galicia. Foron as deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila quenes o solicitaron considerando indispensable que as competencias de salvamento marítimo e loita contra a contaminación marítima en Galicia deben estar a ser reguladas pola propia comunidade.

Na iniciativa presentada na Cámara baixa, explicaron que a «estratéxica situación de Galicia» para o tráfico marítimo de mercadorías entre Europa, América e África fai que sexa un punto de «paso obrigado» no que se producen «un elevado número de episodios de emerxencia, avarías ou naufraxios» que, con «demasiada frecuencia, teñen custos» en vidas humanas».

Tamén apuntaron que algúns destes graves sinistros como o do ‘Mar Nosso’ ou o do ‘Mar de Marín’, ademais de «custar a vida de moitos dos seus tripulantes», «puxeron de evidencia a precarización da actividade pesqueira», debido á aplicación dun modelo de política pesqueira comunitaria de «escasa rendibilidade» que «acabou repercutindo na seguridade dos traballadores do mar».

«Pódese afirmar que Galicia padece a taxa máis alta de sinestralidade marítima europea, sendo un dos lugares onde se produciron maiores agresións ambientais por contaminación», denunciaron as deputadas do BNG, que criticaron a «inadecuación do actual modelo de salvamento marítimo vixente no Estado español en relación ás peculiaridades que presenta o litoral galego».

Por iso, consideraron «necesario» que Galicia adquira «capacidade política de decisión en torno a unha materia que é vital para o seu futuro». «Galicia debe ter dereito a elaborar e executar unha política propia en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña», defenderon.

También te podría gustar...