O alcalde da Rúa asinará o vindeiro martes o convenio para a construcción dun ascensor no Centro de Saúde

Con esta obra de 60.000 € crearase unha das infraestructuras máis solicitadas polos veciños

Reunión.xuradoXII.Premio.Pura.e.Dora.Vázquez.de.narracion

 

O vindeiro martes, 19 de maio, o alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal, e a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asinarán o protocolo de actuación para construir un ascensor no Centro de Saúde.

Esta obra, presupostada en 60.000 €, será financiada nun 60% pola Consellería, nun 30% pola Deputación de Ourense e nun 10% polo Concello.

Con este proxecto, no que se comezará a traballar nas próximas semanas, cumprirase un vello desexo dos veciños, xa que esta infraestructura era unha das melloras máis solicitadas polos habitantes da Rúa.