• Dende as 15:00 horas do venres 4 de marzo ata as 23:59 horas do domingo 6 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 65 chamadas por accidentes de tráfico
Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 79 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 4 de marzo ata as 23:59 horas do domingo, 6 de marzo. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 26 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 54 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 79 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 56 e 44 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 42 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 19 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

18
Lugo
10
Ourense
7
Pontevedra
19
Galicia
54

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 76. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 55 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse en sete ocasións.

En 65 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no punto do sinistro.