la foto

 

Un mes máis, a Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras convoca unha concentración o próximo xoves, 5 de marzo, diante do edificio de Facenda, no Barco, ás 11h. da mañá.

Unha vez máis, os/as emigrantes retornados de Valdeorras volverán demandar un trato xusto.

Entre outras reivindicacións, a Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras segue esixindo a modificación da lei 35/2006 para que as pensións dos emigrantes retornados tributen igual que as do resto dos galegos.

Os/as emigrantes esixen que se estableza a obriga de declarar a partir de 22.000 euros ano de ingresos. Mentres as súas demandas de xustiza non sexa atendidas @s emigrantes retornados seguirán coas súas mobilizacións.

retornados 04 12 2014 b