Nota de prensa do PSdeG-PSOE do Barco trala decisión xudicial do sobreseemento das actuacións contra o Alcalde Alfredo García

psoeA formación do PSdeG-PSOE do Barco, emitiu unha nota de prensa do trala decisión xudicial do sobreseemento das actuacións contra o Alcalde Alfredo García.

Desde a agrupación do PSdeG-PSOE do Barco queremos mostrar a nosa satisfación polo auto do Xuiz do Xulgado Nº 1 do Barco no que acorda o sobreseemento das actuacións contra o Alcalde Alfredo García, a partir da denuncia por prevaricación e malversación presentada polo portavoz e os concelleiros do grupo popular do Barco. En 16 anos de Alfredo García á fronte do concello do Barco, a honestidade e a transparencia foron e son as bandeiras baixo as que o grupo municipal do PSdeG-PSOE governa e governará o mesmo.

O partido popular presentou a denuncia a sabendas de que o que denunciaban non era constitutivo de delito, simplemente se trataba dunha estratexia consistente en xudicializar a vida municipal do concello do Barco.

Non importaba o dano persoal que se lle poidera facera ao alcalde e á súa familia con tal de acadar o fin perseguido, a alcaldía. Se non a podían vencer a Alfredo García nas furnas, había que tentar apartalo nos xulgados, chegando ás eleccións municipais co alcalde imputado e facendo uso daquela premisa de: “difama que algo queda “, creándolles aos vecinos as dúbidas de si o seu alcalde era ou non era un delincuente.

Pero calcularon mal, e a xustiza falou, e con qué contundencia, antes de chegar ás eleccións do mes de maio. Canta mezquindade e miseria xuntas. E sobre todo, canta indecencia política dos membros

También te podría gustar...