Modificiación das bases reguladoras de Programa Provincial BenOurense de asitencia técnica, económica e xurídica aos concellos en materia de servizos sociais comunitarios para este exercicio

Deputación Ourense

 

A Deputación de Ourense aprobou a modificiación das bases reguladoras de Programa Provincial BenOurense de asitencia técnica, económica e xurídica aos concellos en materia de servizos sociais comunitarios para este exercicio.

Esta aprobación contou co voto favorable do Grupo Popular e a reserva de voto do Grupo Socialista e do BNG, e supón:

1º) Modificar as bases reguladoras do Programa Provincial BenOurense de Asistencia Técnica, Económica e Xurídicas aos concellos da provincia en materia de servizos sociais comunitarios para o exercicio 2014, engadindo, nas bases xerais, unha nova base, denominada G, co contido seguinte:

  1. G) O crédito orzamentario correspondente á acción 1, na contía remanente que resulte da falla de xustificación de gastos desa acción, quedará automaticamente asignado á acción 2, incrementando a contía subvencionada por unidade de convivencia no importe que resulte.

2º) Someter a información pública, por prazo de dez días hábiles e mediante anuncio no BOP, esta modificación, advertindo que, en caso de non formularse alegación no dito prazo, quedará automaticamente aprobada de xeito definitivo. En caso de formularse alegacións, estas serán resoltas polo Pleno.

También te podría gustar...