Manuel Baltar, Alejandro Fernández e Bernardino González

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial, xunto ao asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, ao atleta ourensán Alejandro Fernández Rivera, a quen felicitou polo éxito acadado o pasado sábado, día 18, ao proclamarse campión de España de 10.000 metros en ruta, na proba celebrada en Albacete. Alejandro Fernández comentou co presidente provincial que entre os seus próximos obxectivos está lograr a vitoria no campionato de España de medio maratón, que se celebrará o próximo 10 de maio en Granada, e acadar a clasificación que lle permitiría representar a España nos próximos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro 2016.