Manuel Baltar participa nos «Almorzos On/Off» do Colexio de Xornalistas de Galicia

1 1 2015 MB e xornalistas

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou onte nos «Almorzos On/Off» que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, un encontro que tivo lugar na Aula de Prensa do Centro municipal «José Ángel Valente» e no que os xornalistas preguntaron ao presidente do goberno provincial sobre temas de actualidade institucional, política e social de Ourense e Galicia.

Entre os asuntos que se abordaron figuraron a recente gravación do último vídeo-clip de Alejandro Sanz, que conta co apoio da Deputación de Ourense, tema sobre o que Manuel Baltar dixo que a institución provincial «propuxo e colaborou dende o principio para que este proxecto puidese facerse realidade, dado o gran impacto promocional que esta iniciativa musical e audiovisual ten e terá para a provincia de Ourense». Outros asuntos que se abordaron no encontro foron os referidos ás vindeiras eleccións locais, ás candidaturas, os procesos xudiciais que afectan aos partidos políticos e outros temas en clave electoral.