BNG-150x150Lista de Vilamartín do BNG – Asambleas Abertas en Vilamartín para a candidatura á alcaldía das vindeiras elección do mes de maio.

1 Antón Rodríguez Prieto 37 anos; monitor deportivo; diplomado en maxisterio por educación física; vinculado a movementos asociativos, ecoloxistas e veciñais e vinculado tamén deportivamente a clubes de ciclismo e triatlón.

Nas listas do BNG dende o ano 2007 na que ía de 2º e cabeza de lista nas anteriores.

2 Sofía Carril Calvo 45 anos; Traballadora do sector da pizarra: Estudos medios de FP; Muller moi activa na asociación veciñal de Arcos e colaboradora co grupo de teatro desta localidade; Activista sindical, forma parte do consello comarcal e unha grande coñecedora das problemáticas laborais da comarca, en especial do sector da lousa; Nas listas do BNG dende 2011
3 Bruno Moreira Fernández (Independente) 25 anos; Técnico Forestal que actualmente se atopa en paro; Desenvolveu os seus estudos vinculados ao sector forestal e agrario; Un bo coñecedor do medio rural e das posibilidades deste; Afeccionado á música e a gozar do monte e do medio rural; Unha persoa moi comprometida coa esquerda e o nacionalismo, sen militancia política é a primeira vez que participa nas listas.
4 Pedro López Rebuge (Independente) 25 anos; Taballador dunha pizarreira; estuda a distancia Técnico de Enerxía solar térmica; afeccionado á música, unha persoa innovadora e con moitas gañas de aportar toda a súa formación para o desenvolvemento de Vilamartín; comeza a súa etapa na política local nestas eleccións.
5 Matilde Fernández Fanego (Independente) 53 anos; Traballadora do sector da castaña, moi boa coñecedora do sector no que desenvolve a súa actividade laboral; vinculada á asociación de coveiros da que é unha das primeiras socias, e na que desenvolve unha importante actividade; repite nas listas do BNG nas que leva dende 2011
6 Gheorge Musat (Independente) 40 anos; Traballador da pizarra; migrante procedente de Rumania que desenvolveu a súa primeira actividade no agro do que é un bo coñecedor; afeccionado ao campo e amante do seu país de orixe; nas listas do BNG dende o 2011.
7 Marina Encarnación Prieto García (Independente) 67 anos; Traballadora xubilada e emigrante retornada afectada polo atraco de Montoro; afeccionada á cociña, ás manualidades e ao teatro, forma parte do grupo de teatro “Cinco donas e un guedellas” e da asociación de Coveiros, tamén é unha das fundadoras da plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras; concurre nas candidaturas do bloque dende o 2011.
8 Enrique Enriquez Megino (Independente) 32 anos; Operario dunha fábrica; Estudos de FP e afeccionado á lectura e en especial á lectura política; colabora coas asociacións veciñais de seu pobo, Arcos; activista político vinculado á esquerda que por primeira vez se suma a unha lista electoral.
9 José Rodríguez Ferrer 71 anos; Traballador xubilado; Escritor moi coñecido polas súas publicacións poéticas e ven de sacar do prelo seu último libro “O inferno na Terra”, forma parte tamén da Mesa pola Normalización Lingüística e da plataforma Queremos Galego, todo un activista cultural; Coñecedor do mundo sindical ao que estivo vinculado e é a persoa que máis tempo leva nas listas do BNG, dende a primeira vez que que se artellou unha lista en Vilamartín.

 

Suplentes

1 Sebastián Hernández Fernández (Independente) 44 anos; Traballador forestal do servizo contra incendios e antigo traballador do parque de bombeiros; Afeccionado ao deporte e con unha grande experiencia no ciclismo de montaña e do piragüismo, goza tamén da lectura e é un dos grandes coñecedores de Valdeorras e so seu medio natural; Con experiencia na representación sindical e no traballo social, repite na lista do BNG á que se uniu en 2011