Incidencia na obra de mellora da rede de saneamento na rotonda do Hórreo de Monforte

  • O Concello de Monforte informa:

Que segundo ven de notificar o director de obra dos traballos de mellora na rede de saneamento das rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijóo, ó longo da pasada noite, durante a execución de ditas obras na coñecida como rotonda do Hórreo de Monforte, se produciron danos inevitables sobre unha tubería de abastecemento de discorre nas inmediacións desta zona de actuación.

Segundo precisa o director de obra, trátase dunha tubería antiga de fibrocemento, materia que é moi sensible ás vibracións e ós golpes. Debido a isto, a tubaría rompeuse nun dos seus tramos, durante a operación de cruce baixo a mesma co novo colector de saneamento, e elo pese a terse tomado todas as precaucións necesarias.

Neste momento, tanto os operarios da empresa encargada dos traballos como da concesionaria do servizo de augas, están traballando na reparación da condución e o restablecemento do servizo.

Os traballos de reparación da tubería fixeron necesario, por precaución e seguridade, a desmontaxe do emblemático hórreo, que será reposto coas mesmas pedras e materiais, unha vez rematadas as obras.

También te podría gustar...