Deputación Ourense

 

No salón de actos do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 13 de novembro, ás 11.30 horas, a inauguración dos Encontros de orientación xurídica penitenciaria. No acto participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente do Consello Xeral da Avogacía Española, Carlos Carnicer; a presidenta do Consello Xeral da Avogacía Galega, Nieves Santomé; o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o decano do Colexio de Avogados de Ourense, Arturo González.