image_gallery (2)O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se lles concede a Medalla de Ouro de Galicia a Xosé Neira Vilas, Manuel Sánchez Salorio, David Cal e ao xornalista Enrique Beotas, creador da Sexta Provincia. “Son catro persoas que contribuíron e contribúen a facer unha mellor Galicia”, dixo Feijóo.

Tal e como recordou o presidente, “trátase do máximo recoñecemento que Galicia lle fai a exemplos a seguir, un agradecemento en forma de medalla a aquelas persoas, institucións e fundacións cuxa actividade honra á nosa terra”. Serán entregadas o vindeiro día 24 de xullo.