‘Falaredes’, que dinamiza o galego nos concellos da man de tres exitosas propostas de lecer chega a Valdeorras

imaxe de as fabas máxicas

‘Falaredes’, que dinamiza o galego nos concellos da man de tres exitosas propostas de lecer chega a Valdeorras. Faláramos desta iniciativa xa fai 10 días neste diario, pero agora que se achega o voltamos a recordar.

O concurso infantil ‘Os Bolechas e o Sabichón‘ chega esta semana a Dodro, Castro Caldelas e O Barco de Valdeorras; mentres que a obra de teatro ‘As fabas máxicas’ visita Outes e Santiago de Compostela e o concerto de fados ‘Os sons do vento que pasa’, Vilaboa.

O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, levará esta semana tres exitosas propostas de lecer no noso idioma a seis concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, e temos a xorte de que un deles cae na nosa comarca.

Así, a xente miúda da localidade coruñesa de Dodro poderá participar mañá, ás 18:00 h na Paxareira, no divertido concurso Os Bolechas e o Sabichón, que o sábado aterrará na vila ourensá de Castro Caldelas, ás 18:00 h no Castelo, e o domingo no Barco de Valdeorras, tamén na provincia de Ourense, ás 19:00 h no Teatro Municipal Lauro Olmo.

También te podría gustar...