Extinguido o lume rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Lardeira
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do lume rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Lardeira. Este incendio iniciouse onte sábado ás 15:00 horas e quedou extinguido ás 21:25 horas.
O lume afectou, segundo estimacións provisionais, unha superficie de 55 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 3 axentes forestais, 7 brigadas, 3 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 3 avións.
Evolución favorable Por outra parte, continúa a evolución favorable do conductor de motobomba ferido leve mentres participaba nos labores de extinción deste incendio. O operario permanece ingresado en planta na clínica Povisa de Vigo, á espera de ser dado de alto nas próximas horas.