Extinguido o lume rexistrado no Concello de Ourense, parroquia Palmés

Pequeño incendio en A RuaA Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do lume forestal rexistrado no concello Ourense, parroquia Palmés.

O incendio quedou extinguido ás 15:23 horas de hoxe, tras comezar o martes ás 16:03 horas. Segundo últimas estimacións provisionais, afectou a unha superficie de 215,5 hectáreas, 108 de monte raso e o resto de arborado. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 27 axentes forestais, 68 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 11 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.