Estabilizado o incendio forestal en Candeda, Carballeda de Valdeorras

  • Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Candeda
  • Segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas

 

IMG_1899A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Candeda, que arestora está estabilizado.

O lume comezou onte ás 19:25 horas da tarde e quedou estabilizado ás 07:15 horas desta mañá. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No seu control participan 6 axentes, 18 brigadas, 2 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

También te podría gustar...