Constitúense os tres grupos de traballo do Observatorio Galego da Violencia de Xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu esta mañá a constitución dos tres grupos de traballo designados no seo do Observatorio Galego da Violencia de Xénero  Autor: Xoán Crespo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu esta mañá a constitución dos tres grupos de traballo designados no seo do Observatorio Galego da Violencia de Xénero
Autor: Xoán Crespo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu esta mañá a constitución dos tres grupos de traballo designados no seo do Observatorio Galego da Violencia de Xénero.

O primeiro deles será o encargado da Elaboración dun Protocolo de Coordinación e Cooperación Institucional fronte á violencia de xénero a nivel autonómico. O segundo, baixo o nome “A voz das vítimas” , encargarase de escoitar as experiencias directas destas para extraer conclusións e directrices de mellora nas actuacións. O último grupo abordará a abordaxe da violencia de xénero coa mocidade dende o ámbito educativo, determinando estratexias e propostas de traballo preventivo coa xente nova.

Observatorio Galego da Violencia de Xénero

O Observatorio é un órgano previsto na Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e encargarase do estudo, avaliación e seguimento das políticas contra esta lacra que se desenvolvan en Galicia. Constituíuse o pasado mes de maio nun acto que estivo presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Este órgano traballa en contra a violencia de xénero desde unha perspectiva integral, que engloba todos os ámbitos de actuación. Así, están representados nel as consellerías da Xunta, delegación do Goberno, Poder Xudicial, a Fegamp, sindicatos e Televisión de Galicia, entre outros entes.