Trens turísticos de Galicia

Trens turísticos de Galicia

 

Dentro do éxito acadado por todalas rutas en tren dentro da campaña dos ‘Trens turísticos‘ posta en marcha por Turismo de Galicia, en colaboración coa empresa RENFE, a destacado a ruta Valdeorras-Ribeira Sacra ó ser a única de tódalas que han funcionado ó longo do verán que acadou 0 100% de ocupación segundo datos publicados onte pola Xunta de galicia.

O éxito conxunto foi notable ao rexistrar 2.002 viaxeiros e unha ocupación do 81,71% de media.

Tendo en conta as distintas rutas, como xa indicamos a de Valdeorras-Ribeira Sacra tivo un 100% de ocupación entre os meses de xullo e setembro, cun total de 300 prazas ocupadas das 300 dispoñibles.

O tren da Ribeira Sacra, que tamén circulou entre os meses de xullo e setembro, tivo unha ocupación do 99,71%, con 349 prazas ocupadas, das 350 ofertadas.

En terceiro lugar, o tren con máis ocupación foi o da Ruta dos faros que circulou todos os sábados entre Ferrol e Ribadeo e entre o 15 de xuño e o 28 de setembro, co 96,67% e 406 prazas ocupadas das 420 que se ofertaron.

O tren dos Pazos e os xardíns históricos, que circulou os meses de xullo e agosto entre Santiago de Compostela e Vigo, rexistrou un 90% de ocupación, xa que acolleu a 180 viaxeiros dos 200 posibles.

O servizo da Ruta do viño das Rías Baixas transportou 250 pasaxeiros, dentro dunha oferta de 300, o que supuxo unha ocupación do 83,33%.

Polo que respecta ao Tren da Ruta do faros entre Ribadeo e Ferrol, que fixo todos os domingos o traxecto Ribadeo-Ferrol, pechou a tempada co 71,1% de ocupación, transportando 128 viaxeiros dos 180 posibles.

Canto ao Tren da Ruta do Ribeiro-Rías Baixas, a ocupación foi do 57,71%, entre os meses de xuño e setembro. Neste tren cubríronse 202 prazas das 350 ofertadas.

Por último, o Tren turístico da Ruta do viño de Monterrei cubriu 183 prazas das 350 que se ofertaron, o que supuxo unha ocupación do 52,29%.

Este foi o segundo ano no que funcionaron os Trens turísticos de Galicia, unha iniciativa que promove un produto turístico de calidade e co aliciente de ser innovador e de resaltar outros produtos turísticos diferenciais e recursos que identifican ao territorio e poñen en valor algúns dos seus atributos máis singulares.

O grande éxito de público da edición do pasado ano levou a estender a oferta este ano a cinco novos percorridos polas zonas vitivinícolas da comunidade. Así, o ano 2013 funcionaron os trens das rutas dos faros, entre Ferrol e Ribadeo e Ribadeo e Ferrol, e da camelia, entre Santiago e Vigo; mentres que este verán a oferta viuse ampliada con cinco novas rutas que cubriron as cinco denominacións de orixe protexidas dos viños de Galicia: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras.

Deste modo os turistas puideron percorrer os espazos máis singulares da comunidade, utilizando como medio de transporte o tren, e coñecer así algún dos produtos cabeceira da marca Galicia como “Faros e praias salvaxes”, “Bosques de Galicia”, “Ruta da Camelia” e “Paseando entre viñedos”.

Esta tempada incluíu tamén como novidade os paquetes de fin de semana nos que se combinaban as Rutas en Trens Turísticos coa pernoitas dunha noite nun hotel galego e os paquetes combinados de fin de semana desde outras cidades de España.

Os trens turísticos funcionaron alternativamente os sábados e os domingos cada quince días entre o 15 de xuño e o 28 de setembro.

Este programa completábase co Galicia Rail Pass, un bono especial para peregrinos e turistas que se achegan a nosa comunidade en trens de longo percorrido, que permitía utilizar os trens rexionais e de media distancia cantas veces se quixera durante 10 días por un prezo moi especial. Esta iniciativa estivo vixente desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro.

Habida cuenta las distintas rutas, la de Valdeorras-Ribeira Sacra, tuvo un 100% de ocupación entre los meses de julio y septiembre, con un total de 300 plazas ocupadas de las 300 disponibles.

El tren de la Ribeira Sacra, que también circuló entre los meses de julio y septiembre, tuvo una ocupación del 99,71%, con 349 plazas ocupadas, de las 350 ofertadas.

En tercer lugar, el tren con más ocupación fue el de la Ruta de los faros que circuló todos los sábados entre Ferrol y Ribadeo y entre el 15 de junio y el 28 de septiembre, con el 96,67% y 406 plazas ocupadas de las 420 que se ofertaron.

El tren de los Pazos y los jardines históricos, que circuló los meses de julio y agosto entre Santiago de Compostela y Vigo, registró un 90% de ocupación, ya que acogió a 180 viajeros de los 200 posibles.

El servicio de la Ruta del vino de las Rías Baixas transportó 250 pasajeros, dentro de una oferta de 300, lo que supuso una ocupación del 83,33%.

Por lo que respeta al Tren de la Ruta del faros entre Ribadeo y Ferrol, que hizo todos los domingos el trayecto Ribadeo-Ferrol, cerró la temporada con el 71,1% de ocupación, transportando 128 viajeros de los 180 posibles.

Cuanto al Tren de la Ruta del Ribeiro-Rías Baixas, la ocupación fue del 57,71%, entre los meses de junio y septiembre. En este tren se cubrieron 202 plazas de las 350 ofertadas.

Por último, el Tren turístico de la Ruta del vino de Monterrei cubrió 183 plazas de las 350 que se ofertaron, lo que supuso una ocupación del 52,29%.