Comezan as Xornadas Ferroviarias na Estación de Baños de Molgas

  • Os 60 participantes ás actividades terán a oportunidade de coñecer os distintos aspectos relacionados co mundo do ferrocarril

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, xunto co Xefe de División de Recursos Naturais da Cámara Municipal de Viana do Castelo, Jose Paulo Dantas Vieira; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Óscar Iglesias Pérez; e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, inauguraron esta tarde as Xornadas Ferroviarias “El patrimonio ferroviario como tractor de produtos turístico-culturales” que terán lugar os días 22, 23 e 24 de outubro na Estación de Baños de Molgas.

Inauguración das Xornadas Ferroviarias na Estación Baños de Molgas

Inauguración das Xornadas Ferroviarias na Estación Baños de Molgas

Rosendo Fernández destacou durante o acto a importancia deste tipo de actividades para “apostar pola promoción turística das Estacións en base aos usos para os que foron dotadas, dende auténticos museos itinerantes de tradición e paixón como é o Museo do Traxe Tradicional Galego e o Museo do Automóbil-Estanislao Reverter, ata a recreación da historia do ferrocarril na “Aula-Museo do Ferrocarril” pasando por unha homenaxe a Moncho Borrajo descubrindo ó artista e á persoa en todas as súas facetas co Museo Moncho Borrajo; sen esquecer outras estacións dedicadas a albergues turísticos”.

As actividades comezan hoxe e os 60 participantes inscritos asistirán á exposición do Proxecto de Estacións a Estacións Vivas da man de Jose Paulo Dantas e José Manuel Rodríguez González, que explicarán o desenvolvemento deste proxecto. Posteriormente, emitirase o documental “Carrilanos, los túneles de un tiempo”, de Rafael Cid Fernández, que comentará a proxección. Ao final do día terá lugar un debate-coloquio. Mañá, as actividades comezan ás 9:30 horas coa fabricación de ferrocarrís en miniatura e a xornada rematará cunha visita ás estacións dos Peares e Santa Cruz de Arrabaldo.

Estas xornadas enmárcanse dentro do proxecto europeo “Estaciones Vivas” que consistiu na rehabilitación de seis infraestruturas ferroviarias en desuso de Baños de Molgas, Castrelo do Val, Santa Cruz de Arrabaldo, Os Peares, Vilar de Barrio e Vilavella, así como o Funicular de Santa Luzia en Viana do Castelo.

Durante estes tres días de actividades na estación de Baños de Molgas trataranse “os distintos aspectos que están relacionados co mundo do ferrocarril dende o punto de vista etnográfico, histórico, cultural e patrimonial”, tal e como asegurou na presentación Francisco Gil, o coordinador das xornada

También te podría gustar...