Comeza a campaña de microdoazóns de a Federación de Asociacións de Mulleres ANARAL de A Pobra de Trives

10859573_338096756378618_147424918_n

 

A Federación de Asociacións de Mulleres ANARAL (A Pobra de Trives) comeza unha campaña de microdoazóns para recadar fondos para os seus proxectos e actividades contra a violencia de xénero.

ANARAL está composta por tres asociacións de mulleres: ANEL (San Xoán de Río); ARANDEIRA (Pobra de Trives) e ALGUEIRADA (Manzaneda).

Dende elas, trabállase contra a violencia de xénero e a prol dos dereitos das mulleres a través da sensibilización, a prevención e a atención integral; nun medio rural caracterizado polos escasos recursos próximos (policiais, asistenciais, xudiciais…), o illamento, despoboación e envellecemento poboacional.

Preocupa especialmente a dobe invisibilización que sofren as mulleres maiores vitimas de violencia de xénero (invisibilización por ser maiores e por ser mulleres).

Dada a situación actual, dende ANARAL decidiuse optar polas microdoazóns para poder axudar ás mulleres coas que traballan, dun xeito moi sinxelo, facendo Teaming por ANARAL: a través de Teaming doase 1€ ao mes e destínase a unha causa social.

Para facelo, só hai que entrar en www.teaming.net e unirse ao grupo de ANARAL https://www.teaming.net/federaciondemujeresanaral e cada mes doarase un euro para ANARAL.

Un 1€ ao mes (menos do que custa un café), individualmente non supón nada, pero colectivamente fai que ANARAL poida axudar a moitas mulleres.

Moitos poucos fan un moito. Axuda a axudalas. Contan contigo.

También te podría gustar...