Camiño de Santiago Ano Santo 2016: máis peregrinos e en auxe

  • O Camiño de Santiago superou nos dous primeiros meses do ano a cifra de peregrinos rexistrada no último Ano Santo
  • A Oficina de Acollida ao Peregrino rexistrou entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo un total de 3.070 peregrinos, un 8,61% máis que no pasado ano 2015
  • Os peregrinos estranxeiros sumaron un total de 1.771, representando o 58,26% do total que chegaron a Santiago neste período
  • Os grupos de peregrinos estranxeiros máis numerosos procederon de Corea, Portugal, Italia, Alemaña, Estados Unidos, Brasil, Xapón, Francia, Irlanda e Reino Unido
  • No que se refire ás diversas Rutas Xacobeas, o Camiño Francés continúa sendo a máis transitada ao rexistrar nestes dous meses un total de 2.057 peregrinos
Un ano mais as cifras do Camiño de Santiago están a demostrar que a Ruta Xacobea está en auxe e plena actualidade

Un ano mais as cifras do Camiño de Santiago están a demostrar que a Ruta Xacobea está en auxe e plena actualidade

 

Un ano mais as cifras do Camiño de Santiago están a demostrar que a Ruta Xacobea está en auxe e plena actualidade. A Oficina de Acollida ao Peregrino rexistrou entre o 1 de xaneiro ao 1 de marzo un total de 3.070 peregrinos que recolleron a Compostela tras teren percorrido 100 quilómetros dalgunhas das Rutas Xacobeas. Isto supón que nos dous primeiros meses de 2016 se superou a cifra rexistrada no último Ano Santo 2010, cando o total dos peregrinos acadou neste período de tempo os 2.832 peregrinos.

A cifra de peregrinos recibida en xaneiro e febreiro en comparación co mesmo período de 2015 alcanzou unha suba do 8,61%, recibindo 241 peregrinos máis que entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo do ano pasado.

Os espectaculares resultados obtidos este ano no que respecta ao crecemento na cifra de peregrinos que se veu rexistrando ao longo deste ano demostra que o Camiño de Santiago é a nosa icona máis universal, o noso principal produto turístico e a nosa carta de presentación a nivel internacional.

Peregrinos estranxeiros
Nos dos primeiros meses do ano, chegaron a Compostela un total de 1.269 peregrinos procedentes do territorio español, isto é, o 41,74% dos peregrinos.

Así, os peregrinos estranxeiros sumaron un total de 1.771, representando o 58,26% do total que chegaron a Santiago neste período.

En concreto, e por esta orde, os grupos de peregrinos estranxeiros máis numerosos procederon de Corea, Portugal, Italia, Alemaña, Estados Unidos, Brasil, Xapón, Francia, Irlanda e Reino Unido.

En total, en comparación cos rexistrados no mesmo período de 2015, chegaron a Compostela 148 peregrinos estranxeiros máis.

Peregrinos por Camiños
Por camiños, as cifras de peregrinos rexistradas neste período ten sido: 2.057 no Camiño Francés, continuando sendo a ruta máis transitada; 505 no Camiño Portugués; 177 no Camiño Inglés; 104 no Camiño Primitivo; 85 no Camiño do Norte, 83 na Vía da Prata, 13 na Ruta Muxía-Fisterra, 13 no Camiño de Inverno e 2 noutros camiños.

También te podría gustar...