As deputacións de Ourense e Castellón, as primeiras de España en asinar a ‘Carta de Gobernanza’ do Comité das Rexións da UE

1A A A MB - GobernanzaAs deputacións de Ourense e Castellón son os primeiros gobernos provinciais de España en asinar a denominada «Carta de Gobernanza Multinivel en Europa», un documento que en Galicia só asinaron a Xunta e o Parlamento e que en Europa está asinada por 165 entidades territoriais. Ten como obxectivo a cooperación entre institucións e gobernos para acadar unha maior cohesión económica, social e territorial de Europa. A «gobernanza multinivel», favorece as boas prácticas dos procesos decisorios en Europa e fomenta a creación de redes de entes locales ademais de alentar proxectos de cooperación.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defende a necesidade de «cooperar entre as distintas administración para acadar unha maior eficacia na realización de proxectos innovadores e necesarios para a cidadanía, iniciativas que se realizan co apoio da Unión Europea en colaboración con socios comunitarios e nas que priman os principios de subsidiariedade, proporcionalidade e asociación, concretados en estratexias de cooperación entre institucións». Unha alianza que favorece a dimensión internacional de Ourense, unha provincia, afirma Manuel Baltar, «que pola súa situación xeoestratéxica como centro da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e polo peso da nosa emigración en Europa debe participar destas políticas de colaboración europea, e a «Carta de Gobernanza» é un instrumento que abre expectativas e xera oportunidades para seguir reforzando a cooperación política e administrativa entre os entes».

A finalidade da Carta, elaborada polo Comité das Rexións da Unión Europea, é conectar rexións e cidades de toda Europa, ao tempo que promover interaccións múltiples entre axentes sociais como son os gobernos provinciais, as universidades, as ONGs e as agrupacións representativas da sociedade civil, para outorgar solucións políticas que atendan as necesidades dos cidadáns.

Este principio cooperador permite aproveitar a diversidade de Europa como motor para capitalizar os activos das diferentes áreas locais, «e fai fincapé na necesidade de aumentar a transparencia e ofrecer uns servizos públicos de calidade facilmente accesibles para os cidadáns aos que representamos», subliña Manuel Baltar.

Precisamente, a gobernanza multinivel permite achegar solucións políticas innovadoras, compartir as mellores prácticas e seguir desenvolvendo una democracia participativa, para afondar na integración da UE e fortalecer os vínculos entre os distintos territorios, superando barreiras administrativas e fronteiras xeográficas.

Desta maneira, este sistema de cooperación entre diferentes entes na Unión Europea –a gobernanza multinivel- achega unha nova realidade de colaboración social e institucional con solucións innovadoras, eficaces e dixitais en favor dos cidadáns, para o cal é necesario traballar na aprendizaxe en todos os niveis de gobernanza e establecer redes entre os órganos políticos e administrativos, dende o ámbito local ao europeo, fortalecendo ao mesmo tempo a cooperación transnacional.

También te podría gustar...