• A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aproba axudas por importe de 170.000 euros para deporte e cultura.

27538__162_a_1A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada onte no Pazo Provincial aprobou a concesión de axudas a concellos para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2015 por un valor total de 99.932 euros e axudas a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos 2015, por un importe total de 70.000 euros.

Así o informou esta mañá o deputado Juan Anta, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 2 de outubro. A Xunta de Goberno aprobou tamén a modificación do plan anual de publicacións do exercicio 2015, polo que se engade a edición da obra “Vademécum de política municipal. Cómo gobernar un Concello” do autor, Rafael Jiménez Asensio. Asemade fixouse o prezo do libro “Bicha” (XII premio Pura e Dora Vázquez) da autora Elisabet Ríos Liste, por un importe de 6,50 euros.

O asunto de urxencia aprobado na Xunta de Goberno refírese ao expediente relativo á estrada provincial OU-1201 Bande-Barxés no concello de Bande. Neste sentido, aprobouse o proxecto técnico de mellora duns dos tramos da estrada; ter por declarada a utilidade pública das obras mencionadas, e o acordo definitivo da necesidade de ocupación de carácter urxente dos terreos afectados polo expropiación.