O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral da Fundación EOI, Fernando Bayón, asinarán un convenio de colaboración en materia de Igualdade. No gabinete da Vicepresidencia (edificio administrativo, bloque 5, 3º andar).  foto xoán crespo 13/05/15

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral da Fundación EOI, Fernando Bayón, asinarán un convenio de colaboración en materia de Igualdade. No gabinete da Vicepresidencia 
foto xoán crespo

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral da Fundación EOI, Fernando Bayón, asinaron esta mañá en San Caetano un novo convenio de colaboración para o fomento do emprendemento feminino e das pequenas e medianas empresas de Galicia.

Concretamente, este convenio ten como fin reforzar a difusión e comunicación dos resultados da ‘Plataforma de emprendemento en feminino’, un proxecto froito da colaboración entre ambas institucións; así como de visibilizar e potenciar a imaxe das emprendedoras galegas que se sumaron a este proxecto.

Desde 2013, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Fundación EOI, Escuela de Organización Industrial, desenvolven conxuntamente este proxecto que ten como principal obxectivo potenciar e fortalecer a iniciativa empresarial das mulleres en Galicia e, sobre todo, apoiar aqueles proxectos cun carácter especialmente innovador.

Para a posta en marcha da Plataforma, o 27 de decembro de 2013 a Xunta, a través da súa Vicepresidencia, e a Fundación EOI asinaron un convenio de colaboración cun investimento de 400.000 euros e que constaba de catro fases, que hoxe xa están totalmente ultimadas.