A Xunta e o concello de Pobra de Trives ratifican a reversión do centro comarcal

Concello de TrivesO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Pobra de Trives, Francisco José Fernández Blanco, veñen de asinar o convenio de reversión do Centro Comarcal de Trives a favor do Concello.

O Centro Comarcal de Trives está situado na estrada de Ourense a Trives e conta cunha superficie de máis de 4.600 metros cadrados. A reversión deste centro comarcal enmarcase na racionalización de recursos e cooperación entre as administracións, sendo o noveno edificio que albergaba un centro comarcal, que era propiedade da Xunta e que pasa a propiedade municipal.

En definitiva tratase de continuar afondando no obxectivo da Xunta de sumar esforzos, compartir recursos, evitar duplicidades e seguir mantendo con calidade os servizos que reciben os galegos e galegas.

O Goberno galego puxo en marcha a Lei de Racionalización da Administración Autonómica e o Plan de racionalización da administración paralela, que está na súa terceira fase de desenvolvemento, e que ao final deste ‘macroproceso’ a Xunta terá suprimido 97 organismos en total e outros 63 terán sido optimizados, despois de introducir neles importantes melloras de eficiencia tras un intenso traballo de auditoría interna.

Precisamente, entre os entes extinguidos atópanse as fundacións comarcais, cuxa reformulación ten permitido eliminar duplicidades e gañar en eficiencia, sen menoscabar en ningún caso os servizos que reciben os cidadáns por parte das Administracións.

También te podría gustar...