A riqueza termal de Ourense presentada no Foro Atlántico

  • A Deputación de Ourense presentou no Foro Atlántico de Vigo a riqueza termal da provincia
  • O vicepresidente do goberno provincial, Rosendo Fernández, clausurou o evento e falou do programa de «termalismo saudable»

0 Ros Fer Foro Vigo

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou onte en Vigo no Foro Atlántico «Ourense provincia termal», un evento que tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia con representantes institucionais e empresariais e colectivos sociais e no que Fernández expuxo os elementos que caracterizan á provincia de Ourense pola súa riqueza termal, ademais de presentar o programa de «Termalismo saudable» que desenvolve a Deputación de Ourense.

O acto contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen destacou a «relación de irmandade» entre Ourense e Vigo, e subliñou a importancia das políticas sociais. Rosendo Fernández remarcou a necesidade «de seguir impulsando a cooperación público-privada a prol do sector do termalismo, como ven facendo a Deputación de Ourense», e afirmou que o Plan «Ourense, a provincia termal», promovido polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e que están a executar o goberno provincial e a Xunta de Galicia «conta con iniciativas concretas, cun cronograma de actuacións e con compromisos das administracións coas achegas económicas correspondentes, para facer realidade os soños de moitas xeracións e pór en valor o noso gran recurso. O noso gran tesouro: o termalismo».

O foro de debate enmárcase dentro do programa de termalismo social que a Deputación de Ourense e os balnearios da provincia desenvolven por terceiro ano consecutivo e con cifras que seguen a incrementarse, 7.000 pernoctacións en 2015.

 

También te podría gustar...