Cogumelos

A Festa dos Tregumelos de A Veiga recibe axuda para a súa celebración.

Así recolleu onte o Boletín Oficial da Provincia de Ourense, dentro do paquete de axudas que este organismo concede ós municipios ourensáns para a promoción dos seus productos gastronómicos para este ano 2014.

O feito de que por exemplo as festa de exaltación dos pementos de Arnoia ou Oimbra redciberan axudas ou que a festa de exaltación do pan de Cea tamén a recibise, era indicativo que a festa de exaltación dos Tregunelos na Veiga era tamén merecedora desta axuda.

En concreto a axuda concedida pola Deputación provincial de Ourense acada os 1.815 euros, importe que será superior por exemplo a festas coma a Festa da Carne o Caldeiro de A Peroxa que recibiu 1.698 euros ou a Festa da Boga de Monterrei que recibiu 1.495 euros.

Sen dúbida unha boa noticia para axudar á celebración desta feira que pon en exaltación un producto gastronómico con tan bó recoñocemento coma son os tregumelos deste municipio valdeorrés.