Foto: Deputación Provincial de Ourense

Foto: Deputación Provincial de Ourense

Este pasado luns a xunta de goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, resolveu a concesión de subvencións para a realización de servizos sociais e actividades culturais por un importe total de 417.284 euros.

No que atinxe a servizos sociais, a xunta de goberno resolveu a convocatoria de subvencións a asociacións e fundacións para proxectos relativos a este ano 2014, concedendo a 71 entidades a cantidade total de 337.284 euros, mentres que en materia cultural a xunta de goberno resolveu a convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas, correspondentes ao exercicio 2014.

Neste caso as entidades beneficiarias das axudas son 17 e o importe total ascende a 80.000 euros.