A Deputación de Ourense destina 75.000 euros para o novo campo de herba artificial de Celanova

A Deputación de Ourense destina un investimento de 75.000 euros para o novo campo de herba artificial do Concello de Celanova. O deputado de cooperación, Pablo Pérez visitou as obras de construción do novo campo xunto co alcalde de Celanova, José Luis Ferro; o concelleiro de urbanismo de Celanova, Máximo Losada; e o concelleiro de deportes, Rubén Vieira. Durante a visita Pablo Pérez que esta nova infraestrutura deportiva «non só beneficiará aos mozos celanovenses, senón tamén ao centenar de alumnos da comarca que acoden á escola de fútbol».

As obras de acondicionamento do campo, anexo ao estadio municipal de San Rosendo, contan cunha axuda do ente provincial por valor de 75.000 euros, recollida nun convenio de colaboración no que participan a Secretaría Xeral para o Deporte e o propio Concello de Celanova e que suman un total de 250.000 euros.

Pablo Pérez visita as obras de construcción do novo campo celanovés

Pablo Pérez visita as obras de construcción do novo campo celanovés

Logo de coñecer os detalles do proxecto, Pablo Pérez subliñou que esta actuación «é unha clara mostra do compromiso da Deputación cos concellos e, neste caso concreto, co deporte base ourensán».

O deputado provincial explicou que «grazas ao convenio subscrito co organismo provincial, o Concello construirá tamén unha pequena bancada con tres bancais, unha soleira ao redor do campo e o peche perimetral das instalacións».

También te podría gustar...