A Deputación de Ourense colaborará na promoción da película A Esmorga

Visita de Ignacio Vilar (Director de"A Esmorga") e Eva Rivas a Manuel Baltar

Visita de Ignacio Vilar (Director de»A Esmorga») e Eva Rivas a Manuel Baltar

 

A Deputación de Ourense colaborará na promoción da película A Esmorga, de Ignacio Vilar, rodada en Ourense, co obxectivo de que o filme poida chegar ao máximo número de salas de cinema de toda Galicia e para que teña unha difusión acorde coa relevancia desta gran obra de Eduardo Blanco Amor, agora adaptada a proxecto cinematográfico. Así llo confirmou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ao cineasta Ignacio Vilar na reunión que mantiveron hoxe no Pazo Provincial, acompañados por Eva Rivas, representante da produtora Vía Láctea Filmes. O filme estrearase no Festival de Cinema de Ourense na presente edición de 2014 e posteriormente exhibirase en salas comerciais de toda Galicia.

A Deputación de Ourense é unha firme defensora da obra e do legado cultural de Eduardo Blanco Amor. Hai uns días, coincidindo coa celebración do 117 aniversario do nacemento do escritor, tivo lugar na Deputación de Ourense unha reunión de traballo para iniciar o proceso de creación da Fundación Eduardo Blanco Amor. A reunión contou coa presenza do presidente da Deputación, Manuel Baltar; o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o director de Galaxia, Víctor Freixanes, e representantes da familia de Eduardo Blanco Amor e amigos do escritor relacionados co mundo da cultura.

Os fins que inspiran o nacemento desta fundación son a conservación e difusión da obra e o legado de Blanco Amor; a promoción de actividades de estudo e investigación nos campos da literatura, o xornalismo, a lingua galega, as artes, en especial a fotográfica, e os estudos históricos e políticos, así como a dinamización e promoción sociocultural da provincia de Ourense e a potenciación e difusión da cultura e a realidade sociocultural de Ourense, en particular, e Galicia, en xeral, no exterior e a colaboración con entes público-privados de fins semellantes.

También te podría gustar...