xunta de galiciaA Consellería de Traballo e Benestar financia con 3,7 millóns de euros 117 entidades de iniciativa social de Galicia o que supón un 11% máis que en 2013.

En total, este ano financiaranse cun orzamento de 3,7 millóns de euros 117 entidades, o que supón un 11 por cento máis que en 2013. Isto é posible grazas a que este ano o departamento autonómico aumentou nun 14% o orzamento dedicado a estas axudas. En total, a Xunta financiará 321 actividades destes colectivos, un 37% máis de actuacións que no exercicio anterior.

Do global do orzamento destas axudas destínanse aos albergues, comedores e centros de acollida de Galicia 1,5 millóns de euros, a mesma cifra que en 2013, garantíndose, por segundo ano consecutivo, que todas estas instalacións que teñan autorización oficial da Xunta recibiron a subvención se a solicitaron e cumpriron cos requisitos establecidos. De feito, todos os albergues, comedores e centros de acollida que solicitaron a axuda recibírona