Saltar al contenido
martes, abril 20, 2021
Lo último:
  • Sober: ambicioso Plan de Mellora de Camiños que beneficiará ás 22 parroquias
  • No es comprensible que una licencia tarde entre 18 y 20 meses
  • Proyecto de ampliación y mejora del Hospital de Verín
  • Nuevo Centro de Salud en A Rúa: firmado el convenio para su ejecución
  • Big Data para conocer el perfil de los turistas
Creando Tu Provincia

Creando Tu Provincia

Comunicación 360º desde la Ribeira Sacra, Valdeorras y El Bierzo

  • Contactar

  • Actualidad
  • Valdeorras
  • El Bierzo
  • Ribeira Sacra
Comunicación 

A Consellería de Cultura e Educación abre un proceso de diálogo cos reitores para abordar unha acción conxunta na posible transformación de graos a 3 anos

21 febrero, 201520 febrero, 2015 Redacción CTP acción conxunta na posible transformación de graos a 3 anos, Consellería de Cultura e Educación, proceso de diálogo, reitores para abordar

image_gallery (3)

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, reuniuse hoxe cos reitores das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia co fin de acordar unha acción coordinada na aplicación voluntaria do Real Decreto polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007 que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, así como o Real Decreto 99/2011 polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento; un texto que permite flexibilizar a duración dos graos entre os 180 e os 240 créditos. Esta primeira xuntanza serviu para abrir un proceso de diálogo, en aras de conseguir o mellor resultado para o alumnado do SUG neste proceso. “Agardamos que este proceso, que aínda ten certo tempo para implementarse nos permitan chegar a puntos de encontro que redunden na mellor universidade e formación posible, e que os titulados de hoxe nos posibiliten ter unha Galicia mellor no futuro”, sinalou o conselleiro.

Neste momento a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) ten en marcha un proceso de avaliación da totalidade das titulacións, co fin de sinalar as que serían susceptibles de acurtar a súa duración a 3 anos sen prexuízo de manter a calidade da docencia e a posibilidade de acceso ao mundo laboral, así como a conveniencia académica e profesional da transformación en cada caso. Unha vez rematado o traballo da CRUE, a Consellería abordará de novo cos 3 reitores a aplicación concreta do Real Decreto en Galicia, respectando as decisións que as universidades tomen neste sentido no desempeño da súa autonomía.

Na xuntanza o conselleiro considerou factible e axeitado o prazo acordado pola CRUE para comezar a impartir os primeiros graos con esta nova duración no curso 2017-2018. Neste sentido cómpre lembrar que un grao que se implantara en setembro de 2017 tería que presentar a solicitude de envío a verificación en xullo de 2016, polo que o prazo suxerido pola CRUE é necesario para que cada universidade poida traballar na adaptación dos graos que considere conveniente mudar.

Prezos públicos

Outro dos temas abordados na reunión foi a posibilidade de reducir o prezo dos créditos dos máster universitarios, titulacións que neste momento só representan o 8,55% do alumnado do SUG, polo que baixar a duración dos graos un ano suporá un gran aforro para as familias, así como de tempo para o estudantes. Neste sentido a Consellería recordoulles aos reitores que, de respectar os prazos acordados pola CRUE, os máster vinculados aos graos de 3 anos comezarían a impartirse no curso 2021-2022, polo que aínda existe unha ampla marxe temporal para abordar esta cuestión. En calquera caso, cómpre lembrar que Galicia é actualmente a Comunidade cos prezos de matrícula máis baixos en graos universitarios e que o prezo medio do crédito de máster na nosa comunidade está moi por debaixo da media de España.

Polo tanto, unha vez definidos os títulos susceptibles de transformación, será o momento de abordar a posibilidade de modificar os prezos públicos dos máster para continuar garantindo o acceso do alumnado á universidade en igualdade de condicións.

facebook Compartir en Facebook
Twitter Compartir en Twitter
Follow Follow us
custom Share
custom Share
custom Share
custom Share
custom Share
  • ← Cursos na neve , fin de semana en Leitariegos, organizado por Club Peña Trevinca Barco
  • Alfonso Rueda, visitou onte a Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería; Cimag-Gandagro →

También te puede gustar

A Consellería de Cultura e Educación asiste no Teatro Principal de Ourense a estrea do espectáculo do CDG ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’

4 octubre, 20144 octubre, 2014 Redacción CTP

A Consellería de Cultura e Educación convocará 446 prazas para as oposicións a mestres e inspectores no ano 2015

10 febrero, 201510 febrero, 2015 Redacción CTP

A Consellería de Cultura e Educación e a Fundación Coren convocan preto de 3.000 prazas nun novidoso programa de actividades e visitas didácticas no marco do Eduemprende

20 septiembre, 201420 septiembre, 2014 Redacción CTP

Publicidad

banner


TESGON Desbroces


Aemta


Redytel

Humor por Hermanager

Humor

Facebook Pagelike Widget

Publicaciones por fecha

abril 2021
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
« Mar    

Etiquetas

2016 2018 2019 alcalde A Rúa ayudas Barco barco Bierzo Bierzo Blog blogs Camino de Santiago comarcas coronavirus covid-19 Diputación El Bierzo fallecidos Galicia Galicia infectados lemos Lugo monforte más actualidad música O Barco Ourense Ourense Ponferrada programa Ribeira Sacra rúa Sober teatro trives turismo Valdeorras Valdeorras Viana vino wine winelovers Xunta

Creando Tu Provincia

  • Contactar
  • Aviso legal
  • Política de Privacidad
Copyright © 2021 Creando Tu Provincia. Todos los derechos reservados.
Tema: ColorMag por ThemeGrill. Funciona con WordPress.
Esta web usa cookies
Usamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia de navegación y ofrecerle contenidos. Si continua navegando entenderemos que aceptas nuestra Política de cookies.Aceptar
Privacidad y Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Siempre activado

Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

Non-necessary

Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

GUARDAR Y ACEPTAR