Manuel Baltar e o presidente da Cámara de Melgaço analizan fórmulas de cooperación transfronteiriza

Manuel Baltar e Manoel Batista.

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Cámara Municipal de Melgaço (Portugal), Manoel Batista, con quen abordou a posible posta en marcha dunha asociación de cooperación de ámbito transfronteirizo entre Melgaço, a súa Associaçao dos Municípios e os concellos ourensáns limítrofes e a Deputación de Ourense, que conta xa con experiencia neste tipo de alianzas de cooperación, como xa ten demostrado nos proxectos de colaboración como o da eurocidade Chaves-Verín.

Manuel Baltar afirmou que se pode abrir “un novo tempo de colaboración internacional transfronteiriza co Norte de Portugal”, e comentoulle a Manoel Batista os temas que levará os vindeiros días 1 e 2 de decembro ao Cumio de gobernos locais intermedios de Europa, no que falará de Ourense termal, Competitividade (xeración de emprego), a administración electrónica (Provincia Intelixente) e da Axencia de Enerxía e Medio Ambiente. Baltar e Batista falaron tamén das diferenzas entre os modelos administrativos de España e Portugal, e o presidente provincial explicou o papel que están a xogar agora as deputacións no novo escenario trala reforma da Lei de Administración Local.

También te podría gustar...