• A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das clases este luns 15 de febreiro nas zonas meteorolóxicas de montaña de Lugo e Ourense
  • A suspensión tera vigor ata as 18 horas e ten a súa orixe nun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por nevaradas que acadarán os 30 centímetros

IMG_9406A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa previsto para o luns 15 de febreiro de 2016 por nevaradas que acadarán os 30 centímetros- a suspensión de toda actividade docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares para mañá nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da montaña nas provincias de Lugo e Ourense.

A suspensión terá vigor dende o inicio estimado do adverso meteorolóxico – 00,00 horas do luns 15- ata as 18 horas, con seguimento das condicións climáticas. Por parte da autoridade Educativa comunicarase esta incidencia aos directores dos centros escolares, solicitando que leve a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá o adverso. Do mesmo xeito comunicarase ás empresas de transporte escolar.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.”