53818e1f-93db-49c0-8823-63001182be26-mediumVigo acollerá o vindeiro martes 16 de xuño as III Xornadas BioIntegraSaúde 2015, organizadas polo Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, Pontevedra e Ourense, en colaboración cos Institutos de Investigación Sanitaria de Santiago e Coruña.

Este relevante evento investigador de ámbito autonómico celebraráse no Auditorio do Centro Social Afundación en Vigo e congregará máis de 200 axentes galegos da xeración e transferencia de coñecemento no campo da saúde, que participarán activamente presentando as súas liñas e resultados de investigación biomédica.

Nestas xornadas poranse en práctica a experiencia acumulada polas entidades organizadoras, cun tempo especialmente dedicado á presentación de comunicacións orais -presentáronse un total de 75- e en formato póster -presentáronse 81-, ademáis concederánse dous premios ás mellores comunicacións orais e dous aos mellores pósters (un deles reservado para investigadores/as predoctorais) e contarase con conferenciantes destacados do mundo da investigación e a administración pública.

Así, as III Xornadas BioIntegraSaúde 2015 contará coa presencia da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez na inauguración oficial ás 9,30 horas, e nela estará acompañada polo xerente de Xestión Integrada de Vigo, Félix Rubial Bernárdez; o rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato de la Iglesia, e os directores dos tres Institutos de Investigación Biomédica de Galicia.