• O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu aos directivos do Club Ourense Baloncesto

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial ao consello de administración do Club Ourense Baloncesto SAD para coñecer o estado actual da situación do COB logo da fallida inscrición na ACB, como consecuencia de non terse aprobado no Concello de Ourense a subvención nominativa proposta polo grupo de goberno.

Manuel Baltar cos directivos do COB

Manuel Baltar cos directivos do COB

 

Na xuntanza, Baltar e os directivos falaron de temas organizativos e de xestión, prazos de inscrición e avais respecto da próxima tempada na liga LEB Ouro, e o presidente do goberno provincial reafirmoulles que a Deputación de Ourense “sempre estivo, está e estará apoiando ao COB, tendo en conta a afección que existe a prol do baloncesto na nosa provincia e lamentando que na campaña 2016-2017 non poidamos ver en Ourense aos mellores equipos de España na ACB”.