A Evega ensina a 40 profesionais do sector vitivinícola medidas de prevención e eliminación dos defectos máis comúns nos viños

evega_equipamentoA Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Evega, organiza hoxe en Verín un taller práctico sobre os defectos do viño, en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e co Concello de Verín. Este taller conta con 40 prazas e está dirixido principalmente aos paneis de cata dos consellos reguladores das denominacións de orixe dos viños galegos, enólogos e sumilleres.

Neste obradoiro os asistentes poderán coñecer as moléculas responsables dos defectos máis comúns dos viños, a súa orixe e os mecanismos de aparición. Tamén aprenderán a estudar o comportamento dos viños fronte aos defectos; coñecerán aqueles máis comúns e medidas para a súa prevención e/ou eliminación.

Os defectos dos viños son alteracións que afectan ás súas características organolépticas. Estas poden xurdir nos múltiples procesos físicos, químicos e microbianos da elaboración do viño.

También te podría gustar...