alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaO conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Federación Coral Galega (FECOGA), Antonio Rey, na que ambos dirixentes asinaron un convenio de colaboración polo que a Xunta de Galicia comprométese a achegar 24.000 euros para a realización dos concertos, cursos e festivais que realice a Federación.

Esta sinatura enmárcase dentro das actuacións que ven desenvolvendo a Consellería dende anos atrás no eido da promoción e divulgación do patrimonio e da cultura galega; mediante a programación de actuacións de recuperación da mesma.

Con este convenio asegúrase así a realización de diversas manifestacións culturais que a FECOGA leva a cabo no marco da promoción e difusión cultural, especialmente a través do fomento da música popular galega.

Concertos, cursos de técnica vocal, cursos de dirección, festivais de coros infantís e xuvenís e a XII Romería Coral; son as actividades programadas pola Federación dentro desta liña de axudas. Todas elas provomen a difusión da música coral, a potenciación e formación dos cantores, xefes de corda e directores e fomentan, ao mesmo tempo, a pedagoxía musical infantil.