XXXI Copa Deputación de Atletismo en Pista o sábado día 11 no Barco

XXXI COPA DEPUTACION DE ATLETISMO EN PISTA

 

O sábado día 11 de este mes de outubro celebrarase a XXXI Copa Deputación de Atletismo en Pista no Barco, organizada pola Delegación Valdeorresa de Atletismo da Federación Galega de Atletismo, patrocinada pola Excma. Deputación Provincial de Ourense.

As probas terán o control por parte do Comité Valdeorrés de Xuices da F.G.A. realizándose a cronometraxe de forma manual.

O horario das probas será o seguinte:

Horario

Os participantes deberán ter en vigor a licencia federativa para a tempada 2013-2014 e terán de prazo para inscribirse ata as 23:00 horas do martes 07 de Otubro a través da Web da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/.

O requisito no momento da citada inscripción é o de que deben aportar a súa millor marca na proba na que participen para facilitar a confección das series e deberán cumplir co requisito da mínima de participación si a proba o require.

A retirada de dorsais e confirmación de participación poderá facerse na Secretaría de Competición ata 40 minutos antes do inicio da proba na que se atope inscrito, fora de este prazo non se autorizará a participación.

Unha vez finalizado o prazo, e recibidas as inscripcións poderá ser rectificado o horario da Competición, publicándose na web www.fgatletismo.es/valdeorras.

Na proba da Lonxitude so haberá 3 intentos.

Premios: Medalla a os 3 primeiros de cada proba, das categorías, Benxamín, Alevín e Infantil

También te podría gustar...