programa congreso

Foto: Xunta

 

Expertos en comunicación e novas tecnoloxías reuniranse o vindeiro xoves, 18 de setembro, en Compostela da man do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co gallo da xornada Xornalismo Datos e Redes Sociais. O encontro, organizado polo Colexio en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Facultade de Ciencias da Comunicación, desenvolverase de 9.45 a 18.00 horas e permitirá afondar na influencia das TIC no labor xornalístico.

Os asistentes poderán compartir o desenvolvemento da xornada a través de twitter, co hashtag #xornalismoredes. As persoas interesadas no evento poden formalizar a súa inscrición no enderezo electrónico eventos@cpeig.org. A asistencia é gratuíta e o prazo para apuntarse remata o martes, 16 de setembro.

A directora da Amtega, Mar Pereira, xunto co presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o vicerreitor de Comunicación e Coordinación da USC, Xosé Pereira, abrirá a xornada para dar paso á intervención da reportuiteira, comunicadora e xestora de redes sociais Laura Camino, quen tratará o emprendemento e as redes sociais, centrándose na súa experiencia no reportuiteo: o xornalismo en 140 caracteres. A continuación, o patrono fundador e director de Civio Fundación Ciudadana, David Cabo, falará da transparencia dos datos e da iniciativa www.dondevanmisimpuestos.es.