Xornada Informativa para a Xuventude: Emprendendo dende a Rede no Concello de Manzaneda

61px-Escudo_de_Manzaneda.svgNo Concello de Manzaneda hai preparadas moitas actividades para o outono-inverno. Desta forma, tralo éxito das Xornadas de fomento cooperativo, o magosto, o Festival A Rebusca de outono… continuan as actividades nesta ocasión coa celebración da ‘Xornada Informativa para a Xuventude: Emprendendo dende a Rede’ que se vai celebrar o vindeiro sábado 13 de decembro ás 19:00 no salón de actos do Concello de Manzaneda.

Emprendendo dende a Rede é un obradoiro sobre os diferentes recursos que ofrecen as redes para promocionar, financiar e dar a coñecer os teus proxectos.

Contidos do obradoiro:
– Emprendemento dende os blogs
– Presentacións de diversos blogs
– As claves dun blog
– Decálogo dun blogger
– O sistema de financiamento de “Crowdfunding”.
– Como vender o teu proxecto
– Páxinas temáticas
– Packs e Mecenas

Tlfn. para anotarse: 988-333-043