Voadora presenta ‘WALTZ’, teatro musical sobre o amor e o desamor no TLO o venres

1a4e51b9a8Este venres, 8 de maio (21h00), o grupo compostelán Voadora presenta no TLO «Waltz», un conto que fala de amor e desamor, de namoramentos e rupturas, da vida compartida e da lembranza de amores perdidos. Con dirección de Marta Pazos e interpretado por José Díaz, Hugo Torre e Marta Pazos. As entradas á venda (5 euros) desde unha hora antes na billeteria.

«Waltz» recibiu o Premio da Crítica de Galicia 2013 por unanimidade, 3 Premios no INDIFEST14 en Santander incluindo Mellor Espectáculo e Premio Especial do Público, participou no Temporada Alta de Girona ou na Muestra Nacional de Teatro y Danza Contemporáneos en Madrid.

En «Waltz» a vida é un salón de baile onde imos cambiando de parella: hainas que che pisan os pés, outras agárrante forte pola cintura, a algunhas súanlle as mans e con outras bailarías por toda a eternidade.