Vítimas piden evitar a emisión constante das imaxes do accidente

Accidente de tren en AngroisVítimas do accidente do tren Alvia en Angrois piden aos medios de comunicación «máis coidado» e evitar a emisión das imaxes do sinistro «constantemente» con motivo do seu aniversario este xoves, 24 de xullo, ao advertir de que xeran «gran dor».

Así o manifestou este mércores, en Santiago, o presidente da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, nunha mesa de debate organizada por Galicia Confidencial na compostelana facultade de Ciencias da Información na véspera do día en que se cumpre un ano da traxedia.

Xunto a el, a deputada do PP Teresa Gómez-Limón, a súa compañeira na plataforma, unha das dúas asociacións de vítimas constituídas tras o descarrilamento que ocasionou 79 mortes e máis dun centenar de feridos, esixiu que «paguen os responsables políticos» do acontecido.

También te podría gustar...