Visita á Fortaleza, Historias do Viño e a Música de Tornaxeira para rematar o ciclo De Perto este venres

De Perto venres

Visita á Fortaleza, Historias do VIño e a Música de Tornaxeira para rematar o ciclo De Perto este venres día 18 de xullo e será na praza da fortaleza do Castro cunha charla (20:30h) de Santiago Ferrer Sierra, arqueólogo e historiad.or, con visita guiada e explicación das novas achegas para a historia do lugar tras a escavación arqueolóxica e as obras realizadas. A partir das 22:30 o contacontos Lois Pérez e o grupo Tornaxeira alternaranse no escenario para completar a velada.

Tornaxeira é un grupo de música tradicional galega formado en 2010 arredor do mestre gaiteiro Manuel Anxo Durán Blanco, xunto a el está integrado por Xoaquín Freixeiro, Juan Carlos Nogueira, Xulio Parada, Suso Rodríguez e Óscar Pérez, todos eles da comarca de Valdeorras. Os concertos de Tornaxeira inclúen temas de composición propia como outros do cancioneiro popular creando sempre un clima de festa e enxebreza que ten unha grande aceptación por parte do público.

Lois Pérez fai en «Historias do viño» un percorrido literario e sentimental polos contos e historias en que o viño é quen toma as decisións. A beleza, o medo, o amor, a morte. E a risada.

También te podría gustar...