2011-11-28_IMG_2011-11-28_20-02-11_112Unha rapaza resultou ferida ao sufrir unha saída de vía co vehículo no que viaxaba e caer por un terraplén duns cinco metros de altitude. No vehículo, que quedou envorcado tralo accidente, viaxaba outra persoa, que resultou ilesa. Unha das implicadas alertou ao CAE 112 Galicia ao redor das 17:15 horas desta tarde e indicou que a outra persoa podería estar atrapada no interior do coche.

De seguido, avisouse aos Bombeiros de Xinzo, que non chegaron a intervir xa que as dúas ocupantes puideron saír polos seus propios medios. Ademais descartouse o emprego de medios de rescate xa que o acceso ao terraplén, segundo informou a particular, puido realizarse a pé. Os efectivos de Protección Civil de Xinzo, os axentes da Garda Civil de Tráfico e Urxencias Médicas tamén se desprazaron ata o lugar, alertados polo persoal do 112 Galicia. O accidente ocorreu na N-525, no concello ouresán de Cualedro, á altura do alto do Cabreiro.